Foi, precisamente en Coirós, onde María Valiño comezou a cociñar a tortilla con que matar a fame dos viaxeiros que transitaban pola estrada e que repoñían forzas, antes ou despois de facerlle fronte á empinada Costa do Sal. Unha pequena taberna rexentada por Ángel Rivera e María Valiño, á beira da estrada de Castela en Coirós (hoxe N.VI), foron os comezos. O lugar era privilexiado para o negocio, xa que a estrada era a ruta de transporte utilizada tanto para as mercadorías como para o transporte do sal. A historia, que comenza con María Valiño, segue coas fillas e sobriñas, ata chegar a Angelita Rivera Valiño do restaurante “A Casilla” situada na N.VI. Angelita fiel á tradición da súa nai, fixo súa a tortilla de Betanzos, creando estilo propio e reconocemento mundial. Desde o ano 2007 o concello de Betanzos celebra anualmente a «Semana da tortilla», promocionando este popular manxar como o «prato estrela» da gastronomía betanceira. E non é para menos, xa que unha boa tortilla de patacas, feita con ovos caseiros e cociñada co mellor aceite, compite cos pratos elaborados en grandes restaurantes distinguidos coa estrela Michelin. Conta que con motivo da primeira Festa da Tortilla de Betanzos, no ano 2007, pedíronlle a Angelita, que lles ensinara a preparar a tortilla do restaurante do Hotel San Roque de Betanzos: “Fíxenlles unha tortilla para comer aquí e outra para levar”. Ese ano gañaron o primeiro premio do concurso en Betanzos. CONCURSO DE TORTILLA DE BETANZOS PROPICIADO POR EL AYUNTAMIENTO 2007. É co mandato de María Faraldo (alcaldesa dende 06-06-2007 ao 11-06-2011) cando o concello , quere impulsar este plato típico que celébrase na primera semana de octubre.
Podes descagar o ficheiro GPX, Kml ou GeoJson para usar no teu teléfono ou tablet
Bar Kutako